o encontro

A vila de Sada acolle do 3 e 6 de agosto de 2023 a décimo sexta edición do Encontro de Embarcacións de Galicia; un evento que se consolida como a gran celebración da cultura marítima e fluvial de Galicia, a actividade máis senlleira da Federación, que se ven realizando dende 1993 de forma itinerante e que congrega, nas vilas mariñeiras onde alí se celebra, arredor dun cento de embarcacións tradicionais galegas e doutras partes da península e Europa.

Trátase dunha das concentracións de embarcacións tradicionais de maior dimensión e variedade tipolóxica da Península. Esta grande exhibición de embarcacións representativas do patrimonio marítimo e fluvial acompáñase durante as catro xornadas dun amplo programa de actos culturais e de lecer (conferencias, exposicións, presentación de publicacións, música, concertos, obradoiros, artesanía e outras mostras e actividades artísticas diversas) dirixidas a todo tipo de público asistente.

O Encontro achega o patrimonio marítimo ao gran público, implica á poboación e promove o asociacionismo cultural a prol do patrimonio, á vez que fomenta actividades de integración social, convivencia, divulgación, turismo sostible e outras.

Grazas a todos os participantes, ao equipo que conforma o Comité Organizador, ao  patrocinio das distintas institucións públicas así como á colaboración de diversas entidades e colectivos locais, facemos posible un ano mais o maior evento a prol da salvagarda e da promoción da cultura e do patrimonio mariñeiro de Galicia.

Organizan

Patrocinan

Colaboran

Agradecementos en especial a todos patróns e patroas, tripulantes, equipo de voluntariado, mariñeir@s, artesáns, conferenciantes e resto de participantes no XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia